Colexio Concepción Arenal

FELICES FESTAS A TOD@S!

Rematado o primeiro trimestre cheo de traballo duro, exames, experiencias inesquecibles, excursións e moitas risas. Así que toca descansar. Desde o Colexio Concepción Arenal, desexámosvos unhas Boas Festas e unha mellor entrada de ano 2025. Vémonos o 8 de Xaneiro!!

BO NADAL

http://ccarenal.bricoware.com/wp-content/uploads/2024/12/compri.mp4 BO NADAL DESDE CONCEPCIÓN ARENAL

Sorteo Rifa Semana Branca

No sorteo das Rifas da Semana Branca, celebrado a día 19 de Decembro, resultou gañador dun Brunch para 4 persoas o portador do número 0866

Número gañador sorteo Cesta Nadal

Aquí tedes o número gañador do sorteo da Cesta de Nadal: é o número 0800. O recaudado servirá para axudar a costear gastos para a viaxe de fin de curso de alumnado de ESO. O sorteo foi realizado o 18 de Decembro de 2024. Man inocente: Abril de Ed.Infantil

Visita Xeriátrico

O alumnado de 6º visitou unha residencia da 3ª idade, para desexarlles un Bo Nadal e cantarlles unhas panxoliñas a voces e ukeleles que aprenderan.

Xogando co Atletismo en Expourense

Alumnado de 4º e 5º de Primaria acudíu ás pistas de atletismo en Expourense para unhas divertidísimas xornadas ca aprendizaxe deste fermoso deporte: o atletismo.

Aula da Natureza

O alumnado de 3º de Primaria visitou a Aula da Natureza en Oira. Alí participaron nunha actividae sobre a reciclaxe onde aprenderon sobre a problemática medioambiental. Ademáis, tivemos a oportunidade de facer varias manualidades. Definitivamente, foi unha mañá moi divertida.

3 D ( Día Internacional das persoas con Discapacidade )

O 3 de Decembro, celebramos a diversidade que nos fai únicos e reivindicamos un mundo máis inclusivo e accesible para todos. A discapacidade non define ás persoas, senón a súa forza, os seus soños e o seu talento. Xuntos, podemos derrubar barreiras, construir pontes e avanzar cara a unha sociedade onde cada persoa teña as mesmas oportunidades de brillar. Porque o importante non é o que nos limita, senón o que nos une. 💙Dende o Polo Creativo sumámonos a este día tan sinalado cunha actividade ben atractiva. Ademáis, 3º,4º, 5º e 6º de Primaria, acudiron á Praza Maior, nun encontro con varios colexios da cidade, onde se quixo lembrar e reivindicar a importantísma labor no mundo de persoas con discapacidade.

PROGRAMACIONES DIDÁCTICAS

las programaciones didácticas se pueden consultar en la aplicación PROENS, en el apartado de Acceso Público, en el siguiente enlace.

Hay que indicar el nombre del centro:

CPR Concepción Arenal
(Ourense – Ourense) (32008446)

Reserva una visita en nuestro colegio
Ven a visitarnos para conocer más sobre la vida escolar y decidir si es la opción más adecuada para tu hijo.

Visítanos hoy mismo y disfruta de un recorrido personalizado por el colegio en el que conocerás a los profesores, descubrirás las instalaciones y aprenderás más sobre nuestro plan de estudios y el funcionamiento del centro.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad