Día da Infancia

Celebramos unha data tan sinalada no noso calendario , o Día da Infancia. #DiaDaInfancia #DíadelaInfancia
Xeocharlas na ESO

Tivemos a visita do xeólogo Eduardo González Clavijo, pertencente á Sociedade Xeolóxica de España, quen nos falou dos conflictos dos recursos no marco do programa Xeocharlas. #Geocharlas
OUFF ESCOLA

O alumnado de 4º de ESO asistíu a ver o filme galego » As Neves», dentro do programa OUFF ESCOLA. #Ouffescola
Cross Monterrei

Coma todos os anos, o colexio participou no Cross de Monterrei, onde se acadaron moi bos resultados e altísima participación, nunha xornada na que acompañou o bo tempo. Parabéns a tod@s os participantes de Primaria e ESO.
Formación do Profesorado

Gabriel e Raquel de Cruz Vermella Ourense, impartiron ao profesorado do colexio, un curso sobre Acoso Escolar.
Programa «En Redes»

Como colofón á nosa participación no programa En Redes, os alumnos de 2º da ESO tivemos a ocasión de participar nunha tertulia radiofónica na Cadea Cope na que poidemos conversar con Manuel Pardo, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, abordando diferentes cuestións referentes á prevención da violencia de xénero. A temática nesta ocasión centrouse nas profesións feminizadas e masculinizadas.Foi unha experiencia moi amena e enriquecedora que esperamos repetir nos próximos anos.Grazas á Federación de ANPAS de Centros Concertados e Privados da provincia de Ourense por brindarnos a ocasión de poder participar nesta interesantísima actividade.
Viva o San Martiño!!

Castañas e chourizos nunca han de faltar, no San Martiño de Concepción Arenal. Xornada de festa no cole cos máis peques e en Montealegre con 5º e 6º de Primaria e ESO. Pasámolo en grande!
Visita Museo Arqueolóxico San Francisco

O alumnado de 2º e 3º da ESO, visitou a escolma de escultura do Museo Arqueolóxico en San Francisco
Celebrando o Día das Librarías

Esta actividade , organizada polo Concello, levou a alumnado de 5º e 6º de Primaria a percorrer e visitare emblemáticas librarías de Ourense.