Como colofón á nosa participación no programa En Redes, os alumnos de 2º da ESO tivemos a ocasión de participar nunha tertulia radiofónica na Cadea Cope na que poidemos conversar con Manuel Pardo, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, abordando diferentes cuestións referentes á prevención da violencia de xénero. A temática nesta ocasión centrouse nas profesións feminizadas e masculinizadas.
Foi unha experiencia moi amena e enriquecedora que esperamos repetir nos próximos anos.
Grazas á Federación de ANPAS de Centros Concertados e Privados da provincia de Ourense por brindarnos a ocasión de poder participar nesta interesantísima actividade.


