O alumnado de PT celebrou o Día do descubrimento de América con actividades divertidas e educativas elaborando quebracabezas e construíndo o seu propio globo terráqueo.
Foi unha experiencia para aprender historia de maneira significativa, potenciando a atención, a cooperación e a curiosidade polo mundo.