Campaña Solidaria Progape

SUSPENSIÓN CLASES 29 ABRIL 2025

A Xunta de Galicia suspende as clases lectivas nos colexios este martes 29 de Abril debido ao apagamento que afectou ao territorio desde o mediodía do luns. Disculpade as molestias
Feliz Día do Libro dende a aula de P.T

Dende a aula de P.T fixemos un montón de actividades para conmemorar o Día do Libro 2025
Día do Libro

O alumnado de 4º de ESO en colaboración co programa Polo Creativo, celebra o Día do Libro 2025, lembrando «Cousas» no ano de Castelao, con motivo do 75 aniversario do seu falecemento. FELIZ DÍA DO LIBRO!
Semana Branca Serra Nevada

Un ano máis, parte do noso alumnado disfrutou dunha semana de esquí en Serra Nevada. Velaquí un pequeno resumo do acontecido
2 A. Día do Autismo

En Concepción Arenal, sumámosnos á concienciación sobre o autismo, promovendo a inclusión e o respeto. Cada mente é única, cada mirada especial. Construamos xuntos un mundo máis comprensivo e diverso.
Arqueólogos en acción

6º de Primaria acudíu á súa cita coa Arqueoloxía , no programa do Concello de Ourense «Arqueocampo» , onde a rapazada aprendeu dunha forma moi práctica e lúdica como se descubren as pegadas dos nosos antepasados.
Feliz Día da Muller dende as AEE de Secundaria

Dende as AEE de Secundaria, desexámosvos un Feliz Día da Muller 💜 Ao longo desta semana, realizamos diferentes actividades onde nenas e nenos puideron poñer en valor a importancia da igualdade, reflexionando e aprendendo xuntos para construír un futuro máis xusto e equitativo. Seguimos traballando por un mundo onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades. ✨💪
Vacantes Curso 25/26

Viva o Entroido!

Aquí tedes un resumo dos mellores momentos do Entroido do cole.