25 N. Día contra a violencia das mulleres

💜 25N | Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres Hoxe no Colexio Concepción Arenal, o noso alumnado das aulas PT quixo alzar a voz a través deste vídeo, no que compartimos parte do traballo feito estes días para dicir con forza NON á violencia de xénero. Hoxe e sempre, educamos para a igualdade, onde todas as persoas poidan sentirse seguras, escoitadas e respectadas. O alumnado de 4º de ESO realizou un mural conmemorativo do 25 N Este vídeo e estas fotos pertencen a aula de PT, sempre tan atent@s e reivindicativ@s en datas tan sinaladas.
Feliz Día da Infancia

Feliz Día da Infancia! Que hoxe e sempre todos os nenos e nenas poidan medrar libres, felices e coidados con amor
Cross Monterrei 25

Ir aMonterrei a participar dunha Cross cos amigos e amigas, está xenial. Que faga un día soleado para correr, é marabilloso! Pero facer todo eso, e traer medallas de volta ao cole, non ten prezo!! Parabéns a tod@s!
Conversations with Reagan

Leva desde Setembro con nós. Chegou dende Ohio ata Ourense para colaborar no ensino da Língua Inglesa en 5º e 6º. Collimos os micros, e creamos un Podcast ben chulo con toda a rapazada de 6º de Primaria. Velaquí o resultado!
VIVA O MAGOSTO!!!

Unha das nosas datas máis esperadas do ano. Aínda que non poidemos subir ao monte a celebrar, non faltou de nada no cole. Lume, castañas, empanada, chourizos e moita troula para lembrar ao noso patrón de Ourense, San Martiño.
Proxecto EnRedes

O alumnado de 2º de ESO, participaron un ano máis no proxecto #EnRedes , organizado pola Federación de ANPAS de centros concertados e privados de Ourense, cuxo obxectivo principal é fomentar a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Charlas «Ricos en Internet» e «Acoso escolar»

O pasado xoves día 30 de outubro o alumnado de 1º e 2º ESO, recibiu duas charlas por parte da Policia Nacional enmarcadas no Plan Director: Ricos en Internet (1º ESO) e Acoso escolar (2º ESO)