Winners Spelling Bee contest 24/25

Teo Gómez de 5º de Primaria, Carme Carballo de 6º de Primaria, Martín Salgado de 1º de ESO, Yadiel Eiriz de 2º de ESO, Breixo Soto de 3º de ESO e Diego Barros de 4º de ESO, son os gañadores e gañadoras do Concurso de Spelling Bee deste curso. Como subcampeones: Miguel García de 5º de Primaria, Olvia Rodríguez de 6º de Primaria, Gabriela Pérez de 1º de ESO, Jaiden Sebastián de 2º de ESO, Sergio Salgado de 3º de ESO e Lucía Barros de 4º de ESO. Parabéns a todos e todas!
Festival Fin de Curso

Despedimos un curso máis coa nosa cita ineludible no Auditorio , onde aparcamos libros, ordenadores e exames por troula, música e bailes. Feliz Verán! youtube.com/watch?v=bRV5rrovgEA&t=3727s
LISTAXE LIBROS 25/26

LIBROS INFANTIL 25 / 26 LIBROS PRIMARIA 25 / 26 LIBROS ESO 25 / 26
Festa de graduación ESO 2012/2025

Celebramos a festa de graduación do alumnado de 4º de ESO , no Liceo. Parabéns a todos e todas!
Granja Kiriko 6º Primaria

Un ano máis, e pechando o ciclo de Primaria, os de 6º acudimos á nosa cita habitual en » la granja Kiriko». Diversión, aventuras, deporte e algún chisme, sempre asegurados. Sitiazo, con monitores cada vez máis cool.
Visita a PROGAPE

O alumnado de 4°ESO realizou unha visita á Asociación Progape. Fixeron entrega do material recadado na campaña solidaria e máis da axuda económica obtida coa venta de chaveiros.
Día do Medio Ambiente en PT na ESO

O alumnado de PT da ESO celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente. Plantaron árbores, fixeron flores con tubos de papel hixiénico e elaboraron un mural colectivo cheo de mensaxes pola natureza. Un gran traballo por un futuro más sostible.
Excursión Fin de Curso 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria

Que ben o pasamos en «La Granja Kiriko»! fixemos un pouco de todo e sempre en contacto ca natureza e cos animaliños.
Parque Aventuras 5º Primaria

Divertidísma excursión de despedida de curso de 5º de Primaria a Parque de Aventuras onde a rapazada desfogou coma nunca. Kayaks, Paintball, equilibrismo e moitas actividades ao aire libre para irmos despedindo este curso.