Feliz Día dos Xogos Tradicionais

Desde as aulas de PT da ESO, desexámosvos un Feliz Día dos Xogos!!!
Encontros co autor ( Raquel Fernández)

A autora de «I´m Obelix», Raquel Fernández, acudíu ao centro para charlar e debater sobre a temática de alumnado con TDHA e acoso escolar, do cal trata o seu libro.
Día dos Museos

O alumnado de 5º de Primaria acudíu ao Museo Municipal de Ourense, para celebrar o Día dos Museos.
Correlíngua 2025

» A mocidade activa por unha língua viva » foi o lema escollido este ano para a celebración dunha nova edición do Correlíngua. Xogos na Praza Maior, pasarrúas, e concerto final no Auditorio, para reivindicar o uso da nosa língua: o galego.
Charla sobre a violencia de xénero

O alumnado de 4º de ESO asistíu a unha charla sobre a volencia de xénero, impartida por dous membros da Policía Nacional.
Letras Galegas en 3º de Primaria

En 3º de Primaria sumámonos á celebración do Día das Letras GAlegas con diferentes actividades. Unha delas foi a de ilustrar cantigas. E este foi o resultado final.
17 M. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Que mural máis chulo nos quedou para conmemorar o día das Letras Galegas. Este ano , adicámolo a todas as cantareiras , que inevitablemente forman parte da nosa cultura e son un dos eixos básicos da divulgación da nosa língua. Dentro dos actos conmemorativos da Semana das Letras Galegas, asistimos ao Teatro Principal para ver o espectáculo “Axudádeme a cantar» da man de dúas cantareiras de Leilía e apoiado na lectura do libro «Agora que vén a noite» de Marcos Calveiro, en colaboración coa editorial Galaxia.
Día das Letras Galegas ( P.T ESO )

Celebrando o Día das Letras Galegas na aula de P.T na ESO
Feliz Día das Letras Galegas 25

Velaquí o vídeo que fixo o alumnado de 4º da ESO, para conmemorar o 17 de Maio, Día das Letras Galegas.
Día da Familia

Desde a aula de PT de Primaria queremos compartir as actividades realizadas para conmemorar o Día da Familia.