Fondo Libro Solidario ( Libros e Material ) Primaria, ESO, ED.Especial

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

PRAZOS: O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao de formalización de matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Preferible por vía electrónica en https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou https://sede.xunta.gal/ ou presencialmente na secretaría do centro. As persoas solicitantes presentarán a solicitude preferiblemente por vía electrónica ou de forma presencial, xunto coa copia do Libro de Familia e a documentación que corresponda, se é o caso, na secretaría do centro onde vaian cursar estudos durante o ano académico 2022/23. O alumnado pendente de admisión presentará a solicitude no centro no que está actualmente matriculado. De cambiar de centro a súa solicitude enviarase a este.

Please wait while flipbook is loading. For more related info, FAQs and issues please refer to DearFlip WordPress Flipbook Plugin Help documentation.