E-DIXGAL


e-dixgal

A PARTIR DO VINDEIRO CURSO SEREMOS CENTRO E-DIXGAL

 

Comprácenos informarvos que o noso centro foi seleccionado para participar no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) a partir do vindeiro curso 2021-2022.

Dende o ano 2010, vense desenvolvendo o Proxecto Abalar, coma unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de toda a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes e alumnado.

Abalar é unha iniciativa viva, dende o curso 2014/2015 que ofrece unha educación completamente dixital para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, grazas a iniciativa de educación dixital E-Dixgal.

Os cursos nos que introduciremos esta metodoloxía o vindeiro curso escolar 2021-22 serán 5º de primaria e 1º de ESO, tal como recolle a normativa que regula o proxecto.

Nos vindeiros días celebraremos reunións destinadas ás familias do alumnado de 4º e 6º de primaria para trasladarlles información sobre o desenvolvemento do proxecto E-Dixgal no noso centro