Aprendendo Xadrez



O alumnado de 3° de Primaria está a recibir clases de xadrez grazas ao Clube Xadrez Ourense en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ourense.

O xadrez escolar axuda ao alumno a desenvolver habilidades tanto cognitivas como sociais dun xeito natural. Entre estas habilidades destacamos a capacidade de concentración, a toma de decisións e aceptación ante o erro, a atención e reflexión, e o razoamento lóxico-matemático.

E ademais tod@s pasamos unha mañá divertida e diferente