Ampliación Axuda Material Escolar



AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REFULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de Outubro de 2022, publicouse a Resolución do 5 de Outubro de 2022, na que se recolle que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 Euros, recibirán un vale adicional de 25 Euros.

As familias beneficiarias poden recoller desde hoxe ( 17 de Outubro de 2022 ) o vale de 25 Euros na secretaría do centro.