Colexio Concepción Arenal
Menú
Fronte do colexio

A nosa Historia

O fundador do Colexio foi D. Ángel Martínez Doval. Profesor que, xunto coa súa muller, e movido polas súas inquedanzas pedagóxicas, decidíu abrir o centro no ano 1926.

No ano 1977, o fillo de D. Ángel, D. Javier Martínez Randulfe, herdou a xerencia do centro.

Tralo anuncio de xubilación de D.Javier Martínez Randulfe, un grupo numeroso de mestres e mestras do centro, decidiron formar unha cooperativa de ensino, para poderes continuar así cunha tradición de máis de oitenta anos.

Eles/as mesmos/as,  combinan os seus traballos de mestres coa xestión do propio centro, factor que lles enche de orgullo.

Oficialmente quedou formada o 21 de Febreiro de 2010, co nome de Colexio Concepción Arenal, Sociedade Cooperativa Galega.

Trátase dun centro concertado,  laico e plurilíngüe.