26 A. Día do Nen@



 

Para valorar o esforzo realizado por  nenos e nenas en plena pandemia, tendo que quedar na casa durante meses, en 2020 creouse unha proposta ante o Goberno por parte dunhas 1500 entidades, nas que se instaba a celebrar o Día do Neno en España o 26 de Abril. A petición, promovida pola fundación “Crecer Jugando”, realizouse en lembranza da data emblemática na que os nenos e nenas puideron voltar ás rúas, tras 42 días de confinamento pola Covid-19. Dende entón, en España lévase a cabo esta efeméride cuxo fin é valorar o peso da familia e reivindicar poder pasar máis tempo cos fill@s.